viernes, 12 de diciembre de 2008

A CORUÑA MIRADA CON ARTE

Onte o xornal La Opinón agasallou aos seus lectores coa derradeira lámina da colección A Coruña mirada con Arte na que participamos catro ilustradores, cunha ilustración semanal cada un de luns a xoves e durante un mes. Os compañeiros de aventura foron os colegas Fernando Llorente, Marcos Calo e Santy Gutiérrez. O resultado desta colección se alonxa bastante da típica serie de láminas que aparecen polo xeral cos xornais xa que non están feitas desde unha perspectiva técnica clásica como o debuxo artístico, a litografía, etc; senón desde a mirada da ilustración. As que fixen eu son dalgunha maneira unha pequena mostra dalgúns lugares e zonas da cidade herculina que dalgunha maneira están ligados as miñas raices coruñesas. Aínda que non se repartiron seguindo un orde cronolóxico, as miñas terían este:

A Rúa de Santiago no casco antigo, onde se criou a miña nai.

O atrio de San Nicolás, onde se criou e xogaba o meu pai de pequeno.

A Casa das Ciencias, onde eu correteaba durante a miña primeira infancia.

Os canones que están diante do xardín de San Carlos, dando un gran salto no tempo ata a miña xuventude, foron testigos de longas noites de punk-rock e botellón, na época na que as tribus urbanas impoñiamos a nosa propia lei nas rúas.

O Obelisco é a miña reivindicación sobre un elemento moi representativo da Coruña, que vive á sombra da famosa Torre de Hércules máis representa unha parcela concreta dentro da historia da cidade que é ben atractiva.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

RASPIÑA




A de arriba é Raspiña, unha mascota que fixen fai varios anos para a campaña UhMMM PEIXE!, da Consellería de Pesca. Se usa para ensinar aos nenos a comer peixe nos comedores escolares. A imaxe de abaixo era unha das moitas outras versións previas que fixen e que non saíron. Se digo que houbo unhas 30 ou 40 versións da mascota ata chegar ao resultado final igual me quedo curto. A emprexa Péxego foi a encargada de facer as diferentes aplicacións da mascota, entre elas un dvd interactivo con algunhas animacións didácticas.