jueves, 26 de febrero de 2009

VII FESTIVAL MANICÓMICOS

Rematei esta mesma tarde o cartel do VII Festival Manicómicos de teatro, este ano a gala terá tono rockanroleiro e estará amenizada pola banda Rockers Go To Hell. Entre os participantes deste ano estará o gran Pepe Viyuela ademáis dos colegas San&saN e outras compañías de primeira liña. A cousa promete.

martes, 17 de febrero de 2009

OS LOBOS DE MOECHE II


Un pequeno avance do meu novo album Os Lobos de Moeche. No blog da editorial xa se pode ver un primeiro trailer e ata o día de salida do cómic teredes un novo fondo de escritorio cada semana. Ademáis veredes aí as novedades que se vaian producindo. Espero que guste.

jueves, 12 de febrero de 2009

MAKE IT WORST

Make it worst é o videoclip da banda Meu para o que fixen a dirección artística e tamén os deseños das animacións. Había poucos medios para facelo pero aínda así penso que quedou un producto digno.

MEU-Make it worst. Dir Luis Pablo Roman from luispa on Vimeo.

sábado, 7 de febrero de 2009

OS LOBOS DE MOECHE


O vindeiro mes de marzo, sale a rúa Os Lobos de Moeche. É a miña primeira aventura gráfica en solitario despois de que a editorial Dibbuks apostara fai dous anos por Damsmitt, obra que fixen en colaboración con Kike Benlloch e que ata agora supuña a miña única obra en formato longo.
Os Lobos de Moeche é unha historia de aventuras que transcurre a finais do século XV e que entremezcla personaxes históricos con outros de ficción nunha trama onde se producen varios saltos no tempo e que está salpicada de dramatísmo, violencia e sentimentos profundos. A obra sairá publicada pola nova editorial "Demo" en colaboración coa entidade Euroeume.
Facía moitos anos, máis de dez, que quería afrontar unha obra de cómic que tivese como transfondo as guerras irmandiñas pero os traballos alimenticios para chegar a fin de mes e outras circunstancias da vida non permitiron que me sentase a escribir un guión ata o pasado mes de decembro. Teño a sorte de que este tema seguía virxe no mundo da historieta a pesares de ter moitísima forza e atractivo.
Despois de máis de 16 anos escribindo historietas curtas para fanzines e revistas, estou moi contento de dar este novo pasiño, e sobre todo espero que non teñan que pasar outros 16 anos para que a vida me permita o capricho de realizar un novo album en solitario.
Máis información: http://demoeditorial.blogspot.com/