lunes, 26 de abril de 2010

MARCAPÁXINAS PLANETA MINCHA

A AGPI ven de editar unha colección de marcapáxinas de autores galegos de título E ATA AQUI PODO LER...
O meu deseño é un fragmento dunha das ilustracións do primeiro libro da colección Diario de Pichük, ambientada no meu universo particular "Planeta Mincha" e que se poderá mercar nas librarías en cousa de poucos días.
Estes marcapáxinas xa se estiveron distribuíndo na Feira de Boloña e tamén na do libro que se celebrou a pasada semán en A Coruña.
Por certo, a frase que aparece no centro do marcapáxinas está escrita en idioma hirflö, un dos idiomas oficiais do Planeta Mincha. Que quererá dicir?

jueves, 22 de abril de 2010

CALENDARIO DA FUNDACIÓN CEO


Por fin chegaron os calendarios da CEO. A finais do ano pasado unha agrupación de ONGs de Ourense encargoulle ao meu colega David Rubín que coordinase un calendario no que 12 ilustradores galegos fixesemos cada un dos meses do ano e o relacionasemos con outras tantas ONGs. A mín pedíronme que fixese o mes de maio con a Cruz Roja. Este foi o resultado.
Maio é o mes das frores e pensei nesta metáfora visual protagonizada por unha pequena familia de ananos.
Os calendarios quedaron moi ben impresos e tamén fixeron unha edición de láminas con cada ilustración. Este tipo de proxectos sempre son agradecidos aínda que xusto sendo un calendario me chegase fora de data polo que desde aquí quero darlle as grazas a David por convidarme a colaborar.