jueves, 31 de marzo de 2011

DIARIO DE PICHÜK promo

Este é o video que realicei para a serie DiaRIo de PiChüK. Paseino pipa, especialmente facendo a música. Para setembro haberá dous novos títulos da colección no mercado. Ademáis, antes do remate deste ano sairá editada unha novela gráfica ambientada tamén no PläNeTä MÏNchA, titulada DesTinO HëRGüSS, con algunha que outra sorpresa incluída.

Este fin de semán presentarei o proxecto no festival da industria cultural galega ACHEGARTE, en PALEXCO (A Coruña). Por se alguén quere pasarse, a presentación é o sábado ás 13:45 h.

Por certo, o video pódese ver a máis resolución na canle de Demo Editorial en youtube.

Mïncha Mïncha Minchök!!!

martes, 1 de marzo de 2011

"CHAMÁDEME SIMBAD" NA LISTA DE HONRA DO IBBY

Moi de cando en vez e cando un non o espera, chegan boas novas. En tempos nos que hai que remar duro contra a crise e o traballo non abunda máis alá do horizonte dos cartos que axudan a pagar hipotecas, hai outros tesouros non pecuniarios máis dignos de ser encontrados, como o atopado na viaxe dalgún neno chamado Simbad.
Francisco Castro lanzou unha botella ao mar hai un tempo e convidoume a ilustrar as palabras que ían dentro, cousa que me encantou. Hoxe chamoume para dicirme que aquel libriño foi encontrado moi lonxe das augas galegas, cousa que me volveu a encantar, e agora está a salvo na Lista de Honra do IBBY para 2012.
Para mín é un libro moi especial xa que fala dunha enfermidade que no momento no que fixemos o libro, apareceu en alguén da miña propia familia. Alégrome de acompañar a Francisco neste libro que tan boas novas está dando. E alégrome de que o seu texto leve esta mención.