miércoles, 29 de junio de 2011

XOGO "O GALEGO MEDRA CONTIGO"


Aí vai un dos traballos máis recentes. Un xogo de dinamización da lingua galega, editado por Demo para o Concello de A Coruña a través da Concellaría de Solidariedade, Mocidade e Normalización Lingüistica.
Unha peza para repartir entre os nenos coruñeses dentro da campaña de promoción da lingua que levaba o mesmo nome e aglutinou diversas actividades. Neste caso é un xogo con cinco modalidades de competición diferentes, todas elas de axilidade e percepción visual. Consta de 150 fichas de 75 modelos diferentes, dúas de cada modelo.

É un traballo moi agradecido e divertido deseñar xogos. Este xa non é o primeiro nin será tampouco o derarradeiro que faga.

lunes, 20 de junio de 2011

NOITE DE CINE 2011

Un ano máis, os amigos de IB Cinema, confiáronme o cartel do ciclo de cinema de rúa "Noite de Cine", que organizan coa Deputación da Coruña. Neste caso o tema de fondo é o Mosteiro de Caaveiro, na Fraga do Eume, un entorno que está entre os meus rincóns naturais favoritos. De feito cando me suxeriu Ignacio Benedeti o tema, pareceume unha excusa estupenda para reencontrarme unha vez máis cun dos poucos lugares que quedan na provincia da Coruña onde atopar fauna e a flora autóctona. Xa está ben de tanto eucalipto!