sábado, 6 de agosto de 2011

NOVAS AVENTURAS DE PICHÜK

Un gusanöt avanza lentamente polo deserto de Aridöndia. Inconsciente dos perigos que este árido territorio pode ofrecer. Un deles é o ataque da coñecida "rodadeira de Aridöndia", o lampönak.
"O temible lampönak" é un dos dous novos libros ilustrados de Diario de Pichük que serán publicados por Everest Galicia a finais deste ano. O científico máis prestixioso do Planeta Mincha, regresa con dúas novas investigacións sobre a fauna do seu planeta . Dúas misións levadas a cabo nas rexións de Hëlüs e Aridöndia respectivamente, nas que unha vez máis poñera a súa vida en perigo por mor da súa curiosidade científica. Sempre xunto ao seu inseparable robot Riböt.