sábado, 4 de agosto de 2012

SOBRE A EXPO "ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA"

Onte ás 20:00h inaugurouse a miña expo Estampas do Planeta Mincha na galería 9the13 (Rúa Tabernas, nº9, A Coruña) que permanecerá todo o mes de agosto.
Estou moi agradecido a todos os que pasastes por alí. Houbo un momento no que había alí tantos colegas que nun momento casi imaxinei que estaba presente no meu propio sepelio.
Fora o que fora, recibín unhas cantas frores, e iso non vexades os ánimos que da para seguir adiante nesta profesión tan dura e de longo percorrido, onde todo custa gran esforzo.

ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA
Trátase dunha mostra con 41 pezas, feitas practicamente todas en exclusiva para esta ocasión. As pezas están todas á venta. Esta actividade supón entrar nun novo ámbito con este proxecto multidisciplinar, como é o da galería de arte, grazas ao convite dos galeristas Alberto Cartón e Mol.

Que podedes ver na exposición:
- 18 retratos de habitantes do Planeta Mincha, realizados con temperas, acrílicos, lápiz e tinta sobre papel.
- 20 ilustracións ambientais que reflicten diferentes aspectos e lugares do planeta, realizadas con lápiz, tinta e cor dixital e impresas sobre papel fotográfico de alta calidade.
- Unha ilustración de 50x70 cunha escolma de roböts homologados (excepto un que non pasou a homologación)
- 2 roböts pintados con acrílico sobre estructuras de cartón.
- Un diaporama cunha selección de imaxes da propia exposición e de tres dos meus libros da serie Diario de Pichük, editados por Everest. Sonorizado con música mincha da miña propia sinatura.


Espero que os que pasedes pola mostra este mes disfrutedes dela e que a xente se anime a invertir nalgún dos meus orixinais. Aos que xa o fixestes aproveito tamén para dárvolas grazas ;-)


No hay comentarios: