viernes, 27 de diciembre de 2013

VOLTOU "A FRAGA MILMAÑAS"



Pasou arredor dunha década desde que desapareceu a revista Golfiñó e con ela a serie que facía con guións do amigo Carlos Amil, "A Fraga Milmañas", e que tan boa acollida tiña entre os nenos e nenas do momento.
Estou encantado de ver as páxinas publicadas xuntas nun libriño. A diferenza de outros moitos traballos que teño feito anos atrás, creo que neste caso é unha obra que pasa ben o filtro dos anos. As personaxes funcionan porque están ben meditadas na súa construcción e acordes á personalidade da que gozan nos guións de Carlos.
Falando con Carlos, neste reencontro agradable, non descartamos retomar a Fonsa e Ferocio e facer algo novo algún día xa que no seu caso tamén está satisfeito do resultado unha década despois. Nunca se sabe. Agora a ver como funciona o libro e se as novas xeracións de rapaces disfrutan dentro da nosa particular fraga igual facemos un novo soño realidade.
Espero que o disfrutedes!!

miércoles, 23 de octubre de 2013

Chega "VENTO E CHUVIA" ás librarías galegas.


O vindeiro mércores 30 de outubro, gran presentación en Compostela do meu máis recente traballo, "Vento e chuvia". Un fantástico e moi ben documentado texto de ficción de Manuel Gago, en torno á mitoloxía da Idade do Ferro, que tiven o pracer de ilustrar. Unha morea de horas de traballo detrás deste proxecto que vai máis alá do propio formato libro. A edición corre a cargo de Edicións Xerais.
Máis adiante espero poder contar máis detalles desta experiencia e proceso, polo de agora tedes máis info na web oficial do proxecto, así como todos os detalles sobre a presentación. Premede no enlace e benvidos ao mundo dos castros:

www.ventoechuvia.com



viernes, 20 de septiembre de 2013

"LAMPÖNAK"

WARNING! o lampönak é moi perigoso, non vós acheguedes moito a este especimen se pasedes pola expo que estará ata este domingo 22 de setembro na Fundación Luís Seoane, dentro da programación do Freakemacine 2013.
Máis info sobre esta criatura no blog de Planeta Mincha. Tamén atoparedes información sobre o seu proceso dixestivo no libro editado por Everest, "O temible lampönak", dentro da colección "Diario de Pichük".
En breve haberá máis novidades sobre o Planeta Mincha, no que non paran de suceder cousas.


Reproducción do lampönak en volume por Laura Blanco e Chari.

martes, 17 de septiembre de 2013

"ESCAPADA AO PLANETA MINCHA"



Baixo este título podedes visitar durante esta semán, a micro exposición sobre Planeta Mincha que montei, dentro da programación do Festival Freakemacine 2013, na Fundación Luís Seoane (A Coruña). Un luxo expoñer neste espazo e colaborar nesta edición do festival.
Na expo poderedes ver varias pezas en volume e 18 ilustracións con diferentes ambientes do Planeta Mincha. Algunhas inéditas, outras pertencentes á colección de libros "Diario de Pichük" (Ed. Everest) e outras que xa formaron parte de "Estampas do Planeta Mincha" na galería 9the13, durante o Viñetas desde O Atlántico 2012.
É a terceira mostra de arte mincha que fago e xa pensando na seguinte. Espero que pasedes a vela e a disfrutedes mergullándovos nela ;-)



jueves, 18 de julio de 2013

PLANETA MINCHA NO SALÓN DE CÓMIC E ILUSTRACIÓN DE CANGAS

Do 22 ao 28 de xullo, poderase ver unha expo con obras de Planeta Mincha en Cangas que recolle desde páxinas de banda deseñada ata ilustración da colección "Diario de Pichük" e outras obras inéditas e bocetos. Ese fin de semán andarei por alí como convidado oficial. Moitas ganas de ir e moi agradecido de ter sido convidado a este veterano salón galego.
O venres 26, ás 19:00h, se vós apetece pasar, estarei nunha charliña con Marina Seoane moderada polo gran Horacio Altuna e logo sesión de sinaturas. Un luxo compartir escenario con bos amigos coma eles.


Aquí a programación completa:



martes, 8 de enero de 2013

REPOR NA TVG SOBRE A EXPO "ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA"

O pasado mes de agosto emitiuse esta reportaxe no telexornal da TVG anunciando a expo ESTAMPAS DO PLANETA MINCHA na galería 9the13.

miércoles, 2 de enero de 2013